A campaña 1 mes 1 profesión dixital, promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), nace co obxectivo de crear conciencia por parte da mocidade, universitarios/as, profesionais TIC e da cidadanía en xeral da necesidade de adquirir novas competencias e habilidades dixitais.
A través desta iniciativa, ao longo de 2015 desenvolveranse unha serie de xornadas divulgativas, nas que teremos exemplos de empresas e profesionais que amosarán como cada vez máis se están a demandar estas competencias e coñecementos dixitais, e como o emprendemento dixital, vinculado ao mundo da Internet e das redes sociais, fai que continuamente xurdan negocios dixitais que ata hai moi pouco non existían.
Concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías será o espírito que se imprimará no conxunto de actuacións que se desenvolvan ao abeiro desta campaña.
A actuación enmárcase na campaña europea e-Skills for Jobs 2015, coa que se busca rachar a fenda existente entre as demandas para unha transformación dixital, por unha banda, e as competencias e coñecementos técnicos e as capacidades da poboación activa, por outra. Trátase así de aproveitar o potencial das novas tecnoloxías e non perder o ritmo da concorrencia mundial.
O marketing, a comunicación, a educación, a arquitectura, a sanidade, a empresa… Todos os eidos profesionais e servizos á cidadanía avanzan pola senda da dixitalización e cómpre ter unha poboación preparada para asumir estes avances. A campaña 1 mes 1 profesión dixital facilita o achegamento a este novo escenario laboral e facilita a decisión de cara onde enfocar o futuro profesional.
Santiago, 29 de abril de 2015
09:45 h.-13.00 h.
Cidade da Cultura de Galicia. Salón 177
Fundador e CEO de BarrabésMeaning, unha nova consultora estratéxica baseada en Madrid e especializada na xestión da relación da xente coas marcas a través da combinación da experiencia de marca, a experiencia de usuario e a experiencia de cliente. Ten unha ampla carreira na área de estratexia dixital, e antes de crear Meaning traballou a nivel internacional no desenvolvemento de novos produtos, deseño de experiencias, estratexias de marca, marketing e comunicación para empresas como Yahoo!, Unilever, Samsung, ITV.com ou Santander.
Responsable da área dixital en Redegal, axencia de tecnoloxía dixital especializada no desenvolvemento e xeración de negocio online, onde centra o seu labor na xestión de proxectos para axudarlles ás empresas a definir, executar e medir as estratexias de marqueting online. Cunha ampla experiencia e control en todos os aspectos relacionados co marketing online , as súas especialidades son as estratexias e proxectos de marketing dixital, SEO, SEM, ecommerce e marketing de afiliados. Tamén é experto en analítica de negocio e usabilidade web, control comercial e de negocio e xestión de grupos de traballo. Na actualidade traballa en estratexias para grandes firmas, como Abanca, Mccain, Malababa ou Grupo Martí, tanto en España coma en México.
Actualmente Digital Marketing Manager en IPGlobal, axencia dixital experta en conversión e crecemento de vendas e obxectivos en proxectos propios e con clientes. Anteriormente traballou no kick-off de Sefutbol (medio oficial da Selección Española de Fútbol) realizando labores de SEO, Community Manager e analítica web. Exerceu tamén como profesor no ICEMD, no programa superior en Marketing Dixital e Publicidade Interactiva. É autor do eBook “Cómo hacer un buen blog” (2009), relator na WordCamp ’13 e coautor do libro “Hacia el Emprendizaje” (2013).
Fundador en 2005 de Diariomotor, o primeiro blog comercial sobre coches en Español, que actualmente suma 1,2 millóns de usuarios únicos mensuais. En 2013 empezou o proxecto ¿Qué coche me compro?, a web para elixir coche. Unha ferramenta única en España que lle axuda ao comprador no proceso de decisión dun coche novo. Ademais é socio fundador e conselleiro delegado de Civeta Investment S.A., empresa que ten por obxecto o investimento en startups relacionadas coa Internet.
Responsable de RRSS e de comunicación escrita a clientes en R. Xornalista licenciado na facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Realizou prácticas en Antena 3 TV, RNE e colaborou en Tempos Novos. En 2003 incorporouse a CINFO, filial de contenidos de R, onde redactaba noticias para o portal informativo de R chamado arestora.com. Elaborou e xestionou tamén contidos para outras webs e portais como novaxove.com, zonafrancavigo.com ou elidealgallego.com. Dende hai case sete anos, ocúpase do blog corporativo e das redes sociais de R.
Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña