A campaña 1 mes 1 profesión dixital, promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), nace co obxectivo de crear conciencia por parte da mocidade, universitarios/as, profesionais TIC e da cidadanía en xeral da necesidade de adquirir novas competencias e habilidades dixitais.
A través desta iniciativa, ao longo de 2015 desenvolveranse unha serie de xornadas divulgativas, nas que teremos exemplos de empresas e profesionais que amosarán como cada vez máis se están a demandar estas competencias e coñecementos dixitais, e como o emprendemento dixital, vinculado ao mundo da Internet e das redes sociais, fai que continuamente xurdan negocios dixitais que ata hai moi pouco non existían.
Concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías será o espírito que se imprimará no conxunto de actuacións que se desenvolvan ao abeiro desta campaña.
A actuación enmárcase na campaña europea e-Skills for Jobs 2015, coa que se busca rachar a fenda existente entre as demandas para unha transformación dixital, por unha banda, e as competencias e coñecementos técnicos e as capacidades da poboación activa, por outra. Trátase así de aproveitar o potencial das novas tecnoloxías e non perder o ritmo da concorrencia mundial.
O marketing, a comunicación, a educación, a arquitectura, a sanidade, a empresa… Todos os eidos profesionais e servizos á cidadanía avanzan pola senda da dixitalización e cómpre ter unha poboación preparada para asumir estes avances. A campaña 1 mes 1 profesión dixital facilita o achegamento a este novo escenario laboral e facilita a decisión de cara onde enfocar o futuro profesional.
Vigo, 28 de setembro de 2016
09.45 h.-14.00 h.
Sede de Gradiant
Edificio CITEXVI, local 14
Campus Universitario de Vigo
Doutor en Ciencias da Computación pola Universidade de Salamanca e en Intelixencia Artificial pola University of the West of Scotland.
Catedrático e vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade de Salamanca, exerce como profesor e investigador no Grupo de investigación BISITE (Bioinformática, Sistemas Inteligentes e Tecnoloxía Educativa), que dirixe.
Conexiona é unha das firmas de tecnoloxía con maior experiencia no desenvolvemento de produtos, proxectos, aplicacións Web e móbiles para empresas e Administración no ámbito da IoT de Galicia. Dispón dunha plataforma de IoT (iplace) que despregou en gasolineiras, concellos, hospitais, etc.
Enxeñeiro agrónomo pola USC. Traballa en Feiraco
Sociedade Cooperativa Galega desde o ano 2006.