A campaña 1 mes 1 profesión dixital, promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), nace co obxectivo de crear conciencia por parte da mocidade, universitarios/as, profesionais TIC e da cidadanía en xeral da necesidade de adquirir novas competencias e habilidades dixitais.
A través desta iniciativa, ao longo de 2015 desenvolveranse unha serie de xornadas divulgativas, nas que teremos exemplos de empresas e profesionais que amosarán como cada vez máis se están a demandar estas competencias e coñecementos dixitais, e como o emprendemento dixital, vinculado ao mundo da Internet e das redes sociais, fai que continuamente xurdan negocios dixitais que ata hai moi pouco non existían.
Concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías será o espírito que se imprimará no conxunto de actuacións que se desenvolvan ao abeiro desta campaña.
A actuación enmárcase na campaña europea e-Skills for Jobs 2015, coa que se busca rachar a fenda existente entre as demandas para unha transformación dixital, por unha banda, e as competencias e coñecementos técnicos e as capacidades da poboación activa, por outra. Trátase así de aproveitar o potencial das novas tecnoloxías e non perder o ritmo da concorrencia mundial.
O marketing, a comunicación, a educación, a arquitectura, a sanidade, a empresa… Todos os eidos profesionais e servizos á cidadanía avanzan pola senda da dixitalización e cómpre ter unha poboación preparada para asumir estes avances. A campaña 1 mes 1 profesión dixital facilita o achegamento a este novo escenario laboral e facilita a decisión de cara onde enfocar o futuro profesional.
Santiago, 28 de xullo de 2015
10:30 h.-14.00 h.
Salón 2 Edif. CINC
Cidade da Cultura de Galicia.
Licenciado en Dereito, despois de traballar na reorganización da estrutura da Curz Vermella en Santiago, como coordinador comarcal, en 1998 asumiu o cargo de Coordinador Autonómico da entidade.
Diplomada en Traballo Social e Máster en RRHH e xestión de persoas, acumula unha traxectoria profesional con 18 anos de experiencia, asumindo postos de responsabilidade no sector social, sociosanitario e empresarial. Os retos realizados están vencellados ao liderazgo de procesos estratéxicos clave, posta en marcha de proxectos e servizos sociosanitarios, desenvolvemento de liñas de negocio, reestruturación e crecemento de organizacións, xestión integral de entidades e servizos sociosanitarios, entre outros.
Licenciado en Ciencias Físicas pola USC, Especialista en Radiofísica Hospitalaria e Xefe de Servizo de Protección Radiolóxica. Máster en Administración Sanitaria. Desenvolveu a súa actividade asistencial en hospitais de Vigo e Barcelona e asumiu postos directivos no CHUVI.
Licenciada en Medicina e cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid e especialista en Endocrinoloxía e Nutrición pola mesma Universidade. Máster en Xestión Sanitaria por ESADE. Exerceu a profesión como interina en Madrid, Ciudad Real e A Coruña, e con praza en propiedade desde 1990 en Ourense e posteriormente na Coruña, onde continúa como Adxunta do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC, primeiro, e Xefa de Servizo desde 2012. Ocupa os cargos de secretaria e tesoureira da Sociedade Galega de Endocrinoloxía e Nutrición.
Licenciado en Informática pola Universidade da Coruña, en 2009 obtén o diploma de directivo da Xunta de Galicia no Programa de Dirección Innovadora e en 2010 o Título de Máster en Dirección de Sistemas e Comunicacións polo Instituto Nacional de Administración Pública e a Universidade Politécnica de Madrid. Iniciou a súa carreira profesional hai 20 anos traballando nas empresas do sector TIC, realizando funcións de consultaría e desenvolvemento informático. En 1999 ingresou no corpo de Técnicos Superiores de Sistemas e Tecnoloxías da Información do Servizo Galego de Saúde, onde exerceu distintos niveis de responsabilidade dentro da administración sanitaria.
Proxecto Pictoaplicaciones.com
Grupo Promedia.
Empresa fundada en 2006 e especializada en deseño web e desenvolvemento de aplicacións para Internet en Galicia. Dentro das iniciativas de responsabilidade social corporativa destaca o proxecto Pictoaplicaciones.com que desenvolve aplicacións gratuítas para nenos e adultos con diferentes trastornos da linguaxe.
Empresa fundada en 2006 e especializada en deseño web e desenvolvemento de aplicacións para Internet en Galicia. Dentro das iniciativas de responsabilidade social corporativa destaca o proxecto Pictoaplicaciones.com que desenvolve aplicacións gratuítas para nenos e adultos con diferentes trastornos da linguaxe.