A campaña 1 mes 1 profesión dixital, promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), nace co obxectivo de crear conciencia por parte da mocidade, universitarios/as, profesionais TIC e da cidadanía en xeral da necesidade de adquirir novas competencias e habilidades dixitais.
A través desta iniciativa, ao longo de 2015 desenvolveranse unha serie de xornadas divulgativas, nas que teremos exemplos de empresas e profesionais que amosarán como cada vez máis se están a demandar estas competencias e coñecementos dixitais, e como o emprendemento dixital, vinculado ao mundo da Internet e das redes sociais, fai que continuamente xurdan negocios dixitais que ata hai moi pouco non existían.
Concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías será o espírito que se imprimará no conxunto de actuacións que se desenvolvan ao abeiro desta campaña.
A actuación enmárcase na campaña europea e-Skills for Jobs 2015, coa que se busca rachar a fenda existente entre as demandas para unha transformación dixital, por unha banda, e as competencias e coñecementos técnicos e as capacidades da poboación activa, por outra. Trátase así de aproveitar o potencial das novas tecnoloxías e non perder o ritmo da concorrencia mundial.
O marketing, a comunicación, a educación, a arquitectura, a sanidade, a empresa… Todos os eidos profesionais e servizos á cidadanía avanzan pola senda da dixitalización e cómpre ter unha poboación preparada para asumir estes avances. A campaña 1 mes 1 profesión dixital facilita o achegamento a este novo escenario laboral e facilita a decisión de cara onde enfocar o futuro profesional.
Lugo, 18 de outubro de 2016
09.45 h.-14.00 h.
Aula CeMIT de Lugo
Praza do Castiñeiro s/nº
Doutor enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo. Imparte docencia desde 1992. Desde 2003 é profesor titular. Os seus intereses de investigación son, entre outros, a enxeñaría de sistemas no contexto da automatización, o desenvolvemento integrado de subsistemas de control en tempo real para sistemas industriais automatizados, a aplicación de estándares internacionais para fabricación, etc... É coautor de máis de 15 publicacións.
Enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electricidade. Master en Enxeñaría da Soldadura. Na actualidade é xerente e director comercial de Unimate Robótica S.L. Foi socio administrador de AEQUS Robótica e tamén responsable de proxectos de I+D+i na Planta de Tecnoloxías da Unión AIMEN. Traballou tamén en Robotics División de ABB e foi responsable da zona noroeste de formación na mesma empresa.
As tecnoloxías 4.0 e a xestión da Innovación centran a súa carreira. Enxeñeiro de Minas de formación, especializouse nos seguintes eidos: xestión de I+D+i; solucións industriais 4.0; deducción fiscal por actividades de I+D; implantación de normas UNE; xestión de proxectos, clientes e quipos de traballo; e eficiencia enerxética.